OS ALUMNOS DE 1ºB, MAURO E DANI, COMEZAN A DISFRUTAR DA AULA MULTISENSORIAL...
DIANA, A FISIOTERAPEUTA, E EMILIO, O ESPECIALISTA DE EDUCACIÓN FÍSICA VANLLE MOSTRANDO CÓMO SE PODE SACAR O MÁXIMO PROVEITO DOS MATERIAIS QUE IMOS TENDO. COMO VEDES XA HAI UNHA PELOTA BOBATH E UN CABLE DE LUCES.
domingo, 24 de febrero de 2013
AXENDA INTIC
Para unha intervención eficaz con personas con Trastornos do Espectro Autista é recomendable proporcionarlles un ambiente estruturado que os axude a comprender e predecir o que vai acontecer en cada momento. As Axendas (horarios visuais) permiten indicar ás personas, de forma simplificada e visual, as actividades que terán que realizar, o lugar, o espazo temporal e a orde na que se levarán a cabo. Axudan a comprender e a aceptar o cambio.
Aproveitando as TIC e as posibilidades que ofrecen de individualización e adaptación, xorde a aplicación In-TIC Agenda, disponible para Windows. Pulsade na imaxe para saber máis.
jueves, 21 de febrero de 2013
DESORDE DOS SENTIDOS
Mañá venres 22 de febreiro ás 20h o Auditorio Municipal do Concello de Vigo será o novo testigo do reencontro de grande parte do equipo de “El desorden de los sentidos”. Poderemos asistir, de balde, ao pre-estreno galego do documental.
viernes, 15 de febrero de 2013
SEGUIMOS MONTANDO A AULA MULTISENSORIAL
Brais e Rubén de 2ºA colaboraron na montaxe da aula multisensorial, creando unhas pegadas para poñer no chan. Servirán para que cada neno/a deixe os seus zapatos ahí, antes de entrar na aula.
domingo, 10 de febrero de 2013
SEGUIMOS COA LINGUA DE SIGNOS
OS E AS PROFES DO SALADINO, FIXEMOS UN SEGUNDO CURSO DE LINGUA DE SIGNOS PARA SEGUIR AUMENTANDO O NOSO NIVEL. VELAQUÍ UNHA PEQUEÑA MOSTRA DO QUE PODEMOS CHEGAR A FACER...
martes, 5 de febrero de 2013
RAP EN LINGUA DE SIGNOS
ENCÁNTANOS A LINGUA DE SIGNOS E MIRADE QUE PASADA ESTE RAP CANTADO EN LINGUA DE SIGNOS. ESPECTACULAR!
viernes, 1 de febrero de 2013
AUTISMO - GUÍA PARA PAIS E NAIS
“Un niño con autismo en la familia” é unha guía para axudar e informar ás familias que acaban de recibir un diagnóstico de autismo para seu fillo/a. Está escrita a partires de preguntas de pais/nais. Inclúe información clara, actualizada e verificada científicamente. En seis capítulos abórdanse temas como introducción aos Trastornos do Espectro Autista (TEA), os sentimentos dos pais, a familia, as necesidades dos nenos/as con TEA e o seu tratamento, estratexias de aprendizaxe, e alternativas de educación e escolarización; ademais de dous interesantes anexos: información adicional sobre TEA e recursos en Internet. (Pinchade na imaxe para acceder á GUÍA en PDF).
Suscribirse a:
Entradas (Atom)