jueves, 19 de diciembre de 2013

CURSO DE AUTISMO

O pasado mes de novembro, a profe Sonia e a profe María Jario estiveron nun curso sobre autismo e discapacidade intelectual en Madrid. O curso foi impartido por Rita Jordan, unha experta no tema que ten un libro no que se basou a súa exposición.
http://www.autismoavila.org/component/page,shop.product_details/flypage,shop.flypage/product_id,34/category_id,2/manufacturer_id,0/option,com_virtuemart/Itemid,54/vmcchk,1/ 
 Sonia e María recompilaron algunhas ideas importantes que podemos ter en conta no noso centro para as intervencións co noso alumnado. Pinchade aquí para ver o documento que elaboraron.

lunes, 16 de diciembre de 2013

SEMINARIO DE TABLETS NO SALADINO



Un grupo profes do Saladino Cortizo estamos realizando un Seminario Permanente chamado "Quero dicirte..." no que estamos aprendendo a usar as Tablets Dixitais como ferramente de comunicación. A pasada semana tivemos unha sesión de formación con Fátima e Kike de ACCEGAL es estivo moi moi interesante. Se queredes consultar o traballo que están a facer pinchade en Accegal.

jueves, 21 de noviembre de 2013

CONGRESO TADEGA


    PATRI, A NOSA PROFE DE AUDICIÓN E LINGUAXE, FOI AO CONGRESO DE TADEGA CELEBRADO EN SANTIAGO DE COMPOSTELA HAI UNS DÍAS, E CHEGOU CARGADIÑA DE IDEAS PARA TRABALLAR CO NOSO ALUMNADO NAS TABLETAS INTERACTIVAS. A APLICACIÓN ESTRELA PARECE SER "SÍGUEME" ESPECIALMENTE CREADA PARA NENOS E NENAS CON AUTISMO. SE CLICADES NA IMAXE  DE ARRIBA VEREDES UN VÍDEO EXPLICATIVO. 

   TAMÉN NOS INFORMOU DOUTRAS APLICACIÓNS INTERESANTES (Clicade sobre os nomes para acceder á páxina de descarga):
- Spencer goes to school (Xogos de atención e observación).
- Peg puzzle (Siluetas para encaixar. Con sons).
- Baby Explorer (Instrumentos musicais para tocar, Memori, encaixa formas, estoupa globos, toca mariposas).
- Noddy primeros pasos. (Personaxe da tele.Memori...)
- Rompecabezas. (Puzzles dende 2 pezas).

domingo, 20 de octubre de 2013

XOGOS ON-LINE PARA OS PEQUES

Poisson Rouge é un sitio para todos os nenos e nenas: con problemas neurolóxicos, autistas, talentosos, con e sen dificultades de aprendizaxe. De todas as idades. Poisson Rouge é multicultural, cosmopolita e non específica de xénero.