miércoles, 17 de abril de 2013

CON UNA SONRISA

Con una sonrisa, o novo programa de TVE 2 este venres ás 23:20, amosa que con vontade, esforzo e afán de superación seis xoves con capacidade limitada poden conseguir integrarse no mundo laboral.

lunes, 8 de abril de 2013

CONTOS DIVERSIDADE

 
CONTOS DIVERSIDADE FUNCIONAL

Se pinchades na imaxe entraredes nun espazo para compartir, difundir e sensibilizar sobre a atención ao mundo da diversidade.

“NEY, EL GUARDIÁN DEL CORAZÓN”. Antonio de Benito. Editado por ARPA Autismo Rioja en colaboración con TVR.
ney
“Miranda y Ney son dos hermanos mellizos y es ella quien describe la vida del pequeño Ney, que tiene TEA. Tea también es la estrella que guía a Ney y le dice: autista significa especial. Ney siente lo que le rodea de forma distinta y le cuesta mucho reaccionar, mantener una conversación, mirar a los ojos, jugar o imaginar…”.


El curioso incidente del perro a medianoche


EXISTEN DIFERENTES FORMAS DE AMAR SÓLO HAY QUE SABER INTERPRETARLAS  ”Salí. Padre estaba de pie en el pasillo. Levantó la mano derecha y abrió los dedos formando un abanico. Yo levanté la mano izquierda y abrí los dedos formando un abanico e hicimos que nuestros dedos se tocaran. Hacemos eso porque a veces Padre quiere abrazarme, pero como a mi no me gustan los abrazos, hacemos eso en su lugar, y así me dice que me quiere.” El curioso incidente del perro a medianoche. Mark Haddon
El curioso incidente. cuentos diversidad


María y yo


“María y yo” Miguel Gallardo y María Gallardo. Ediciones Astiberri.
mariayyo  2 de abril, día de la concienciación sobre el autismo, por ello quiero dar a conocer, si cabe aún más, este cómic que narra las vacaciones de María, una niña con autismo, con su padre. Desde la historia podemos observar la mirada delicada, sensible y divertida con la que Miguel Gallardo nos muestra su feliz relación con su hija María.

domingo, 7 de abril de 2013

martes, 19 de marzo de 2013

LINGUA DE SIGNOS

PETER E ANDRÉ DE 2ºB SEGUEN A MELLORAR UN MONTÓN COA LINGUA DE SIGNOS. DESTA VEZ ESTIVEMOS APRENDENDO A EXPLICAR UNHA SERIE DE ACCIÓNS.

lunes, 11 de marzo de 2013

O SOÑO DE PEDRO


Vídeo de debuxos animados signados, subtitulado e con voz en off en castelán, que narra as aventuras de Pedro, un neno xordo que descubre o significado da Integración.
Este material pretende mentalizar á sociedade de que as personas xordas e, neste caso, os nenos/as xordos teñen as mesmas capacidades que calquera outro neno, só temos que crer nelas e favorecer a supresión das barreiras de comunicación (darlles un Intérprete, dar información visual...). O Soño de Pedro nace coa esperanza de que cada un sexamos conscientes do moito que podemos aportar a este soño: o soño das persoas xordas.

domingo, 24 de febrero de 2013

PRIMEIROS ALUMNOS NA AULA MULTISENSORIAL

 OS ALUMNOS DE 1ºB, MAURO E DANI, COMEZAN A DISFRUTAR DA AULA MULTISENSORIAL...
 DIANA, A FISIOTERAPEUTA, E EMILIO, O ESPECIALISTA DE EDUCACIÓN FÍSICA VANLLE MOSTRANDO CÓMO SE PODE SACAR O MÁXIMO PROVEITO DOS MATERIAIS QUE IMOS TENDO. COMO VEDES XA HAI UNHA PELOTA BOBATH E UN CABLE DE LUCES.

AXENDA INTIC

Para unha intervención eficaz con personas con Trastornos do Espectro Autista é recomendable proporcionarlles un ambiente estruturado que os axude a comprender e predecir o que vai acontecer en cada momento. As Axendas (horarios visuais) permiten indicar ás personas, de forma simplificada e visual, as actividades que terán que realizar, o lugar, o espazo temporal e a orde na que se levarán a cabo. Axudan a comprender e a aceptar o cambio.
Aproveitando as TIC e as posibilidades que ofrecen de individualización e adaptación, xorde a aplicación In-TIC Agenda, disponible para Windows. Pulsade na imaxe para saber máis.
Imagen relacionada con In-TIC TEA

jueves, 21 de febrero de 2013

DESORDE DOS SENTIDOS

Mañá venres 22 de febreiro ás 20h o Auditorio Municipal do Concello de Vigo será o novo testigo do reencontro de grande parte do equipo de “El desorden de los sentidos”. Poderemos asistir, de balde, ao pre-estreno galego do documental.

 

viernes, 15 de febrero de 2013

SEGUIMOS MONTANDO A AULA MULTISENSORIAL

Brais e Rubén de 2ºA colaboraron na montaxe da aula multisensorial, creando unhas pegadas para poñer no chan. Servirán para que cada neno/a deixe os seus zapatos ahí, antes de entrar na aula. 




domingo, 10 de febrero de 2013

SEGUIMOS COA LINGUA DE SIGNOS

OS E AS PROFES DO SALADINO, FIXEMOS UN SEGUNDO CURSO DE LINGUA DE SIGNOS PARA SEGUIR AUMENTANDO O NOSO NIVEL. VELAQUÍ UNHA PEQUEÑA MOSTRA DO QUE PODEMOS CHEGAR A FACER...



martes, 5 de febrero de 2013

viernes, 1 de febrero de 2013

AUTISMO - GUÍA PARA PAIS E NAIS

“Un niño con autismo en la familia” é unha guía para axudar e informar ás familias que acaban de recibir un diagnóstico de autismo para seu fillo/a. Está escrita a partires de preguntas de pais/nais. Inclúe información clara, actualizada e verificada científicamente.  En seis capítulos abórdanse temas como introducción aos Trastornos do Espectro Autista (TEA), os sentimentos dos pais, a familia, as necesidades dos nenos/as con TEA e o seu tratamento, estratexias de aprendizaxe, e alternativas de educación e escolarización; ademais de dous interesantes anexos: información adicional sobre TEA e recursos en Internet. (Pinchade na imaxe para acceder á GUÍA en PDF).

sábado, 26 de enero de 2013

CREANDO UNHA AULA MULTISENSORIAL



No Saladino Cortizo estamos en proceso de creación dunha aula Multisensorial.
 
O primeiro que fixemos foi identificar a aula co pictograma correspondente que colocamos a carón da porta.
 Coa axuda da profe Ana Celeiro oscurecemos a aula, tapando a fiestra cunha tea foscuri.
 Animadamente, Patri e Diana, soben polas escadas para achegarnos ao ceo estrelado.

María máis Emilio o orientador, dan o toque discotequero coas bolas reflectantes.
 Coa colaboración dos de Carpintería, puxemos un chisco de luminosidade.




E... continuará.

viernes, 18 de enero de 2013

LEO CON LULA

Leo con Lula é un proxecto sinxelo que consiste en introducir un procedemento de lectura global nas personas con Trastornos do Espectro Autista para achegalos á  lectura e propiciar unha aprendizaxe lectoescritora posterior de carácter máis formal.
Este proxecto apóiase no uso da pizarra dixital por considerala un elemento moi motivador para os nenos e nenas.
Pincha na imaxe para ir á web de LEO CON LULA.