jueves, 21 de marzo de 2013
martes, 19 de marzo de 2013
LINGUA DE SIGNOS
PETER E ANDRÉ DE 2ºB SEGUEN A MELLORAR UN MONTÓN COA LINGUA DE SIGNOS. DESTA VEZ ESTIVEMOS APRENDENDO A EXPLICAR UNHA SERIE DE ACCIÓNS.
domingo, 17 de marzo de 2013
martes, 12 de marzo de 2013
lunes, 11 de marzo de 2013
O SOÑO DE PEDRO
Vídeo de debuxos animados signados, subtitulado e con voz en off en castelán, que narra as aventuras de Pedro, un neno xordo que descubre o significado da Integración.
Este material pretende mentalizar á sociedade de que as personas xordas e, neste caso, os nenos/as xordos teñen as mesmas capacidades que calquera outro neno, só temos que crer nelas e favorecer a supresión das barreiras de comunicación (darlles un Intérprete, dar información visual...). O Soño de Pedro nace coa esperanza de que cada un sexamos conscientes do moito que podemos aportar a este soño: o soño das persoas xordas.
domingo, 24 de febrero de 2013
PRIMEIROS ALUMNOS NA AULA MULTISENSORIAL
OS ALUMNOS DE 1ºB, MAURO E DANI, COMEZAN A DISFRUTAR DA AULA MULTISENSORIAL...
DIANA, A FISIOTERAPEUTA, E EMILIO, O ESPECIALISTA DE EDUCACIÓN FÍSICA VANLLE MOSTRANDO CÓMO SE PODE SACAR O MÁXIMO PROVEITO DOS MATERIAIS QUE IMOS TENDO. COMO VEDES XA HAI UNHA PELOTA BOBATH E UN CABLE DE LUCES.
DIANA, A FISIOTERAPEUTA, E EMILIO, O ESPECIALISTA DE EDUCACIÓN FÍSICA VANLLE MOSTRANDO CÓMO SE PODE SACAR O MÁXIMO PROVEITO DOS MATERIAIS QUE IMOS TENDO. COMO VEDES XA HAI UNHA PELOTA BOBATH E UN CABLE DE LUCES.
AXENDA INTIC
Para unha intervención eficaz con personas con Trastornos do Espectro Autista é recomendable proporcionarlles un ambiente estruturado que os axude a comprender e predecir o que vai acontecer en cada momento. As Axendas (horarios visuais) permiten indicar ás personas, de forma simplificada e visual, as actividades que terán que realizar, o lugar, o espazo temporal e a orde na que se levarán a cabo. Axudan a comprender e a aceptar o cambio.
Aproveitando as TIC e as posibilidades que ofrecen de individualización e adaptación, xorde a aplicación In-TIC Agenda, disponible para Windows. Pulsade na imaxe para saber máis.
jueves, 21 de febrero de 2013
DESORDE DOS SENTIDOS
Mañá venres 22 de febreiro ás 20h o Auditorio Municipal do Concello de Vigo será o novo testigo do reencontro de grande parte do equipo de “El desorden de los sentidos”. Poderemos asistir, de balde, ao pre-estreno galego do documental.
viernes, 15 de febrero de 2013
SEGUIMOS MONTANDO A AULA MULTISENSORIAL
Brais e Rubén de 2ºA colaboraron na montaxe da aula multisensorial, creando unhas pegadas para poñer no chan. Servirán para que cada neno/a deixe os seus zapatos ahí, antes de entrar na aula.
domingo, 10 de febrero de 2013
SEGUIMOS COA LINGUA DE SIGNOS
OS E AS PROFES DO SALADINO, FIXEMOS UN SEGUNDO CURSO DE LINGUA DE SIGNOS PARA SEGUIR AUMENTANDO O NOSO NIVEL. VELAQUÍ UNHA PEQUEÑA MOSTRA DO QUE PODEMOS CHEGAR A FACER...
martes, 5 de febrero de 2013
RAP EN LINGUA DE SIGNOS
ENCÁNTANOS A LINGUA DE SIGNOS E MIRADE QUE PASADA ESTE RAP CANTADO EN LINGUA DE SIGNOS. ESPECTACULAR!
viernes, 1 de febrero de 2013
AUTISMO - GUÍA PARA PAIS E NAIS
“Un niño con autismo en la familia” é unha guía para axudar e informar ás familias que acaban de recibir un diagnóstico de autismo para seu fillo/a. Está escrita a partires de preguntas de pais/nais. Inclúe información clara, actualizada e verificada científicamente. En seis capítulos abórdanse temas como introducción aos Trastornos do Espectro Autista (TEA), os sentimentos dos pais, a familia, as necesidades dos nenos/as con TEA e o seu tratamento, estratexias de aprendizaxe, e alternativas de educación e escolarización; ademais de dous interesantes anexos: información adicional sobre TEA e recursos en Internet. (Pinchade na imaxe para acceder á GUÍA en PDF).
sábado, 26 de enero de 2013
CREANDO UNHA AULA MULTISENSORIAL
No Saladino Cortizo estamos en proceso de creación dunha aula Multisensorial.
O primeiro que fixemos foi identificar a aula co pictograma correspondente que colocamos a carón da porta.
O primeiro que fixemos foi identificar a aula co pictograma correspondente que colocamos a carón da porta.
Coa axuda da profe Ana Celeiro oscurecemos a aula, tapando a fiestra cunha tea foscuri.
Animadamente, Patri e Diana, soben polas escadas para achegarnos ao ceo estrelado.
María máis Emilio o orientador, dan o toque discotequero coas bolas reflectantes.
Coa colaboración dos de Carpintería, puxemos un chisco de luminosidade.
E... continuará.
Animadamente, Patri e Diana, soben polas escadas para achegarnos ao ceo estrelado.
María máis Emilio o orientador, dan o toque discotequero coas bolas reflectantes.
Coa colaboración dos de Carpintería, puxemos un chisco de luminosidade.
E... continuará.
jueves, 24 de enero de 2013
viernes, 18 de enero de 2013
LEO CON LULA
Leo con Lula é un proxecto sinxelo que
consiste en introducir un procedemento de lectura global nas
personas con Trastornos do Espectro Autista para achegalos á lectura e propiciar unha aprendizaxe lectoescritora posterior de
carácter máis formal.
Este proxecto apóiase no uso da pizarra dixital por considerala un elemento moi motivador para os nenos e nenas.
Pincha na imaxe para ir á web de LEO CON LULA.
martes, 15 de enero de 2013
MESSENGER VISUAL
Se pinchades na imaxe accederedes á páxina de descarga deste messenger apto para as persoas con diversidade funcional, máis doado de empregar e moi visual.
martes, 18 de diciembre de 2012
miércoles, 5 de diciembre de 2012
lunes, 3 de diciembre de 2012
EL LABERINTO AUTISTA
Documentos TV - El laberinto autista - Avance
- Documentos TV - El laberinto autista - Avance
- SE QUERES VER O DOCUMENTAL COMPLETO PINCHA AQUÍ
Suscribirse a:
Entradas (Atom)












